Esta semana recibimos noticias de Xerais, Aira das Letras, OZOCOgz e Rinoceronte Editora
EDICIÓNS XERAIS envía información das súas novas edicións en libro electrónico da colección de ensaio E logo, temos razóns para ser nacionalistas?, de Henrique del Bosque Zapata e Traballos e cavilacións dun mestre subversivo, de Pedro Petouto.
Para o público infantil-Xuvenil, na colección Merlín as obras Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas e Volverás golfiño, de Andrea Maceiras Lafuente.
A LIBRARÍA AIRA DAS LETRAS avísanos de que xa se pode participar nas votacións do concurso de micro-relato. Tamén nos anima a visitar a exposición de Iasuhiro Iotsumoto Xapón antes e despois de 3/11 que está na Fundación Vicente Risco desde o 3 de outubro.
OZOCOGZ DESEÑO GALEGO convoca o seu primeiro concurso infantil de debuxo Decora o teu ozoco. Nesta ligazón podedes ver as bases ou na súa páxina de facebook.
RINOCERONTE EDITORA publica dous novos títulos, dentro da Colección Contemporánea: Nova gramática finesa, do italiano Diego Marani, e Ao norte unha montaña, ao sur un lago, ao oeste uns camiños, ao leste un río, do húngaro László Krasznahorkai.