Novidades editoriais de Xerais, Día de Rosalía en Aira das Letras, oferta de MeuBook e menú da Tafona
– Edicións Xerais enviou, ou está enviando, ás librarías neste mes de febreiro:
– Da colección Crónica Amada liberdade, de Fernando Pérez-Barreiro Nolla,
– Da colección Un misterio para Tintimán: Amor de Serea. Un misterio para Tintimán en Vigo de Jaureguizar,
– Da colección Xabaril: Marcovaldo ou as estacións na cidade de Italo Calvino e Sherlock Holmes, detective de Arthur Conan Doyle
– Da colección Narrativa A vitoria do perdedor de Carlos G. Reigosa e Winnipeg de Hixinio Puentes.
Tamén están lanzando a campaña de pre-publicación de Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, da que podedes atopar máis información en http://blog.xerais.es/destacados/chega-tastarabes/
– A libraría Aira das Letras informa das actividades que se están a preparar para conmemorar o Día de Rosalía en Allariz:
- Magín Blanco deleitaranos co seu disco “A nena e o Grilo” (para nenos/as a partir de 3 anos). Será ás 18:00h. do sábado 23 na Fundación Vicente Risco.
- Logo, en Torre Lombarda, presentarase o libro “Cantares Gallegos” ilustrado por Pepe Barro, terceiro volume da colección sobre Rosalía que fixo El Patito editorial.
- Ademais, Narf, presentará varios temas do seu novo disco (titulado “Nas noites escuras”) con poemas de Rosalía.
- Ás 12 da noite do sábado, no Roi Xordo, actuarán Fdez e Quintá.
- O domingo catro poetas (Concha Rousia, Iolanda Aldrei, Luz Fandiño e Artur Alonso) recitarán versos na honra de Rosalía acompañados polo trío de música medieval “Ars Anterga”. A lectura de poemas está aberta a quen queira participar. A actividade, se non chove, realizarase na Praza Maior ás 12:30h.
As persoas que merquen un libro en galego en Aira das Letras o 23 e 24 de febreiro levarán de agasallo unha flor.
Tamén colaboran na iniciativa Allariz, vila e corte romántica, pola que os días 22, 23 e 24 de febreiro hai descontos e campañas especiais nalgúns establecementos. Tedes máis información aquí.
– Tórculo infórmanos dunha oferta de MeuBook. Por 99€ é posíbel contratar o Pack Autor Novel, coas seguintes características:
- Publicación da obra,
- Entrega de dous exemplares ao autor
- Creación do espazo web do libro
- Venda na libraría Meubook
- Contratación dun ISBN
- Xestión e entrega de 4 exemplares ao Depósito Legal
- Promoción do libro en redes sociais.
O libro terá un formato de 14,8 x 21 cm ou 17 x 24 cm, imprimirase en branco e negro (no interior) e a portada a cor, e un máximo de 120 páxinas. Para conseguir o ebook do libro é preciso enviar no momento da compra un correo electrónico coa palabra “praedicare” a info@meubook.com.
– Aínda chegades a tempo para probar o menú desta semana da Tafona Casa de Xantar (Rúa da Virxe da Cerca, 7, Santiago de Compostela). O menú ten un prezo de 15€ e podedes probalo de martes a venres de 13.30 a 16.00. Cada semana muda, podedes consultalo aquí: https://www.facebook.com/tafona.casadexantar?fref=ts .