O pasado mércores entregamos o premio Abertos ao Galego a Tuenti; aniversario da libraría Como unha novela; obras de Baía Edicións premiadas en Gourmand Best in the World; presentación de Demo Editorial na Coruña; recomendacións de agasallo en galego de Aira das Letras; catálogo de Nadal de Abertos ao Galego
– O pasado mércores entregamos o premio Abertos ao Galego en Pontevedra. Foi para a empresa Tuenti Technologies, e dous representantes de Tuenti estiveron con nós (Javier Moreno, responsábel da tradución e soporte en galego e Cristóbal Fernández, director de comunicación).
– Estes días a libraría Como unha Novela da Laracha está de celebración, pois celebran o seu 5º aniversario
– Dúas obras de Baía Edicións, premiadas co Gourmand Best in the World. Os cogomelos na cociña e outras cousas foi premiada por na categoría “Best Single Subject Cookbook”, sendo a gañadora de España en Galego. Sopas frías e quentes foi premiada na categoría “Best Translation Cookbook”, sendo a gañadora de España en Galego.
Os gañadores de cada país compiten contra os gañadores na mesma categoría doutros países polo “Best in the World”. Os resultados anunciaranse o sábado 23 de febreiro de 2013 no teatro Le Carrousel du Louvre de Paris.
– Demo Editorial presenta hoxe venres 21 de decembro Cousas de Mortos de Manel Cráneo, que asinará exemplares. É en Alita Cómics, na rúa Orzán da Coruña.
– A libraría Aira das Letras presenta as súas recomendacións de agasallo en galego para este Nadal: http://airadasletras.com/central/110515wp/2012/12/recomendacions-para-agasallar-en-galego-no-nadal/
– E lembramos tamén as propostas de agasallo de Abertos ao Galego: http://issuu.com/davidlages/docs/catalogo_nadal_final