Nova incorporación: Tagen Ata; nova web da Picota, novidades de Edicións Xerais; oferta en Aira das Letras
Nova incorporación. Esta semana entra unha nova empresa en Abertos ao Galego: Tagen Ata (http://tagenata.com/)
A Picota. A tenda e obradoiro de artesanía ten unha nova páxina web: www.apicota.com.
Edicións Xerais informa da edición en forma de novela gráfica de Cartas de Inverno, de Agustín Fernández Paz. A adaptación asínaa Antonio Seijas Cruz e está á venda. Tamén publican Como falar e escribir galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, Do G ao Z, de Manuel Veiga, Morgún (Lobo Máxico) de Suso de Toro, O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz
A libraría Aira das Letras de Allariz ten estes días un desconto dun 25% nos CDs para todas as persoas que compren un libro.