Asemblea da Mesa na Costa da Morte

O vindeiro sábado 23 de maio, celebraremos unha asemblea para constituirmos o grupo de traballo da Mesa na Costa da Morte, até o de agora integrado no de Bergantiños.
A asemblea terá lugar no bar A Gavilla de Corcubión (Avda da Mariña, 1) ás 19.00.

Entre outros asuntos trataremos a campaña Queremos atención en galego, queremos traballo aquí que a Mesa está a levar adiante para conseguirmos que todos os servizos de atención atención telefónica oferten servizo na nosa lingua.

A asemblea está aberta á participación de quen o desexar. Se coñeces alguén que queira colaborar coa Mesa ou facerse socia/o, esta é a ligazón para facelo.

Informamos tamén de que a continuación, ás 20.30 na Capela do Pilar de Corcubión a Universidade Popular proxectará o documentario sobre Rosalía de Castro “I ante aquel silencio mudo…” producido pola Asociación Socio-Pedagóxica galega.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra