A Mesa pola Normalización Lingüísitica celebrará este sábado 25 de abril a partir das 10.30 a súa Asemblea xeral anual de socias e socios no Centro Sur da cidade de Pontevedra (antiga residencia Santiago Apóstolo da ONCE), Luís Braillie nº 40, 36003, (nesta ligazón tes o enderezo en Google Maps)
Como vén sendo habitual desde 2012, a asemblea xeral vai rotando entre diferentes vilas, correspondéndolle noutras ocasións a Ferrol, Ourense, A Coruña, e Pontevedra nesta ocasión.
Nesta asemblea, á que están chamadas a participar todas as socias e socios, avaliaranse o realizado pola entidade en defensa da lingua galega no último ano e debateranse as novas propostas de actividades, xunto coas accións a realizar de cara ao vindeiro 17 de maio conxuntamente coa plataforma cidadá Queremos Galego, coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística.
A persoas non socias interesadas en participar pódense dirixir ao correo amesa@amesa.gal