A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a vulneración da escasa lexislación que ampara o galego por parte da mesma institución que ten obriga de defendela, a Xunta de Galiza
Tras as inumerábeis queixas recibidas na Liña do Galego polos letreiros con topónimos deturpados nas autoestradas galegas, A Mesa pola Normalización dirixiuse a “Autopista del Atlántico” para exixirlles o cumprimento da legalidade, que establece que a única forma válida dos topónimos é a galega.
Na súa resposta, “autopistas del Atlántico, CESA” responsabiliza directamente á Axencia de Turismo de Galiza da colocación dos sinais.
A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a vulneración da escasa lexislación que ampara o galego por parte da mesma institución que ten obriga de defendela, a Xunta de Galiza. Ademais, insta ao goberno autonómica a repor inmediatamente a toponimia galega, a única correcta e legal.