A Mesa pola Normalización Lingüística

Axenda en galego para 2016, cun desconto para as socias e os socios da Mesa

Para solicitárela envía un correo-e a tenda@amesa.gal

 

A editorial Xerais, empresa adherida ao proxecto Abertos ao Galego, pon a disposición das socias e socios da Mesa as axendas-dietarios para 2016.

Características:

Encadernación en Cartoné. Acolchado azul mariño.

Formato: 17 x 24 cm.

Axenda día por páxina con información complementaria de efemérides galegas, cultura popular, feiras e festas locais, celebracións internacionais, calendario fiscal, onomástica, fases da lúa.

Prezo:

 16 euros > Desconto de 4 euros para socias e socios da Mesa = 12 euros

O desconto é aplicábel para todos os exemplares que se soliciten.

Se non es socia ou socio da Mesa, podes comprala por 16 euros.

 

Gastos de envío:

Recollida no local nacional da Mesa: 0 euros

Envíos a domicilio: 5 euros

O local nacional da Mesa está na Avenida de Lugo, 2 A- Entresollado A de Santiago de Compostela.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra