Para solicitárela envía un correo-e a tenda@amesa.gal
A editorial Xerais, empresa adherida ao proxecto Abertos ao Galego, pon a disposición das socias e socios da Mesa as axendas-dietarios para 2018.
Características:
Encadernación en Cartoné. Acolchado azul mariño.
Formato: 16,70 x 23,00 cm
Axenda día por páxina con información complementaria de efemérides galegas, cultura popular, feiras e festas locais, celebracións internacionais, calendario fiscal, onomástica, fases da lúa.
Prezo:
16 euros > Desconto de 4 euros para socias e socios da Mesa = 12 euros
O desconto é aplicábel para todos os exemplares que se soliciten.
Se non es socia ou socio da Mesa, podes comprala por 16 euros.
Recollida ou envío:
Pódese recoller no local nacional da Mesa ou enviar ao domicilio.
O local nacional da Mesa está na Avenida de Lugo, 2 A- Entresollado A de Santiago de Compostela.