A editorial Xerais, empresa adherida ao proxecto Abertos ao Galego, pon a disposición das socias e socios da Mesa as axendas-dietarios para 2019.
Características:
Encadernación en Cartoné. Acolchado azul mariño.
Formato: 16,70 x 23,00 cm
Axenda día por páxina con información complementaria de efemérides galegas, cultura popular, feiras e festas locais, celebracións internacionais, calendario fiscal, onomástica, fases da lúa.
Desconto para socias e socios da Mesa!
O prezo xeral é de 16 euros, mais as socias e socios da Mesa teñen un desconto de 4€ polo que sairá por 12 euros.
O desconto é aplicábel para todos os exemplares que se soliciten.
Pedidos, recollida ou envío:
Para solicitárela preme na seguinte ligazón: Axenda en galego 2019
Pódese recoller no local nacional da Mesa ou enviar ao domicilio.
O local nacional da Mesa está na Avenida de Lugo, 2 A- Entresollado A de Santiago de Compostela.