Desde A Mesa pola Normalización Lingüística informamos ás socias e socios da zona da Coruña sobre a organización dos campamentos de verán da Semente
CAMPAMENTO DE VERÁN 2019
A Semente Corunha inicia a súa actividade no seu novo espazo na rúa Alberto Garaizábal, 7 organizando un campamento de verán para nenos e nenas de 3 a 8 anos en horario de 9:00 a 14:00 do 1 ao 31 de xullo.
En que consiste?
Cada semana, mediante xogos cooperativos, obradoiros, actividades en contacto coa natureza e moita diversión, achegarémonos a diferentes temáticas, como a diversidade sexual e a diversidade funcional, a desmitificación dos xéneros en relacións e os afectos e os saberes das persoas de idade.
Cal é o prezo?
1 semana 95€
2 semanas 160€
3 semanas 195€
4 semanas 240€
Como podo inscribir o meu fillo ou filla?
A través do teléfono 605788699 ou enviando un correo electrónico a pe.semente.corunha@gmail.com