Campaña para solicitarlle a Ikea atención en galego

Campaña para solicitarlle a Ikea atención en galego.
https://www.ikeainfo.com/sac/formulario.php

Actualmente teñen na páxina web opción en castelán, catalán e euskera pero non en galego. O mesmo sucede na atención telefónica e na tenda onde todo está en castelán.

Desde a Mesa, estivemos meses recollendo sinaturas até chegar a 28.000 apoios e a adhesión de diversas asociacións comerciais e empresariais para que se aprobe unha lei que garanta a atención en galego que evite estas discriminacións. A iniciativa lexislativa popular “Sentido Común” que promoveu a Mesa pretende rematar coas vulneracións de dereitos lingüísticos.

Segundo indican dende Ikea non teñen opción en galego porque non se solicita, polo que a campaña consiste en solicitalo a través do formulario que anexamos arriba.

De ser posíbel difundídeo entre as vosas amizades, persoas coñecidas para que colaboren coa campaña para eliminar esta discriminación.

Moitas grazas de antemán!

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra