A Mesa pola Normalización Lingüística

Carballo acollerá o IX Curso de verán sobre dinamización lingüistica

O lema desta edición será “Traballando en lingua: participación, implicación e traballo colaborativo”

Terá lugar do 17 ao 19 de xullo no Forum Carballo

O Concello de Carballo acollerá unha nova edición do Curso de verán de dinamización lingtüística organizado pola Universidade da Coruña e mais a CTNL. 

O obxectivo principal deste curso é tratar dun xeito práctico tres piares da dinamización lingüística, como son a participación, a implicación e o traballo colaborativo, coñecendo, buscando e experimentando formas e fórmulas que poden ser válidas e coñecendo e analizando experiencias tanto no ámbito da propia dinamización lingüística como doutros ámbitos e procesos sociais. Para isto experimentaranse no propio curso diversas fórmulas de participación, implicación e colaboración, ademais de sesións máis teóricas.

Podes acceder ao programa nesta ligazón:

http://www.udc.es/occ/gal/2013/cursoveran/programas/14programa.pdf

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra