A Mesa pola Normalización Lingüística

Carballo organiza un obradoiro para que as persoas non nacidas en Galiza coñezan mellor a lingua e cultura galegas

As sesións terán lugar os martes e xoves de 17.30 a 19.30 horas. A inscrición, que é gratuíta, pode facerse en horario de mañá no Servizo de Normalización Lingüística, tanto acudindo ao Pazo da Cultura como chamando ao teléfono 981 704 304.

Neste obradoiro práctico, que terá lugar entre o 11 de febreiro e o 3 de abril de 2014, desenvolveranse diversas actividades para coñecer a lingua (escrita e oral), a música, a literatura, a prensa, a xeografía, etc., galegas, e para facilitar o acceso ao mundo laboral, e a integración na sociedade galega e carballesa.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra