Dirixímonos de novo a vostedes en relación ao debate que terá lugar no Consello de Asuntos Xerais e que será unha outra oportunidade para recoñecer a lingua galega como oficial da Unión Europea
A lingua galega é a grande obra colectiva do pobo galego. A que nos une e nos identifica, a que nos dá voz propia nunha Europa e nun mundo plural e diverso ao que queremos contribuír.
Así o fixemos mantendo vivo o noso idioma no noso país, con esforzo, perseverancia e dignidade colectiva. Séculos de limitacións, restricións, prohibicións e represión do seu uso na Galiza non impediron que aínda hoxe sexa a lingua de maior uso habitual e elemento decisivo de cohesión social.
A oficialidade do galego en Galiza, recoñecida en 1981, non será plena se non atinxe a todos os ámbitos da nosa vida social, económica e cultural, hoxe condicionada en moitos aspectos pola nosa pertenza a unha Unión Europea que aínda non recoñece plenamente a nosa lingua.
O galego é garantía de futuro, de existencia digna e próspera como pobo. O idioma é o mellor instrumento común que creamos todas e todos os galegos e unha necesidade para avanzarmos xuntas todas as xeracións actuais na cultura, na educación, no progreso social, económico e político. Para afrontar o futuro en todos os ámbitos precisamos o apoio e protección que as regulacións europeas dan ás linguas oficiais da Unión. Sermos cidadás e cidadáns con todas as garantías, dereitos e deberes, tamén os lingüísticos, recoñecidos.
Ademais no caso do galego, a pertenza do noso idioma a un sistema lingüístico máis amplo (o galego-portugués) alén de optimizar recursos na tradución e interpretación, facilitaría e melloraría a reciprocidade na integración dentro do Eixo atlántico que partillamos con Portugal e no que existe continuidade lingüística, cultural e económica.
As e os representantes de entidades públicas e sociais asinantes desta carta pedímoslle a todos os Estados membros que voten si ao recoñecemento da lingua galega como oficial da Unión Europea.
Abel Caballero Álvarez. Alcalde de Vigo
Inés Rey García. Alcaldesa da Coruña
Goretti Sanmartín Rei. Alcaldesa de Santiago de Compostela
Miguel Fernández Méndez. Alcalde de Lugo.
Miguel Anxo Fernández Lores. Alcalde de Pontevedra
Ánxela Fernández Callís. Alcaldesa do Rosal
Xosé Manuel Fernández Abraldes. Alcalde de Barro
Marta Giráldez Barral. Alcaldesa de Meis
Francisco Cajoto Caserío. Alcalde de Foz
Óscar Benito Portela Fernández. Alcalde de Sada
Francisco Xabier Castro Tourís. Alcalde de Dodro
Beatriz Bascoi Maceiras. Alcaldesa de Moeche
Secundino García Casal. Alcalde de San Sadurniño
Juan A. González Pérez. Alcalde de Nigrán
Xoan Xesús Carril Ramos. Alcalde de Arzúa
Manuel Requeijo Arnejo. Alcalde de Muras
Leticia Santos Paz. Alcaldesa de Moaña
María Cristina Cid Fernández. Alcaldesa de Allariz
Lucía Fernández Bouzas. Alcaldesa de Vilar de Barrio
Maria González Albert. Alcaldesa da Rúa
Sandra Permuy Meizoso. Alcaldesa de Fene
Evencio Ferrero Rodríguez. Alcalde de Carballo
Araceli Gestido Rodríguez. Alcaldesa de Cangas do Morrazo
Ramón Alonso López. Alcalde de Entrimo
María Jesús López López. Alcaldesa de Samos
José Tomé Roca. Alcalde de Monforte de Lemos
Paula Fernández Pena. Alcaldesa de Silleda
Valentín González Formoso. Alcalde das Pontes
Antonio López Díaz. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Ricardo Cao. Reitor da Universidade da Coruña
Manuel Joaquín Reigosa Roger. Reitor da Universidade de Vigo
Valentín González Formoso. Presidente da Deputación da Coruña
José Tomé Roca. Presidente da Deputación de Lugo
Ana Belén Pontón Mondelo. Portavoz Nacional e portavoz parlamentar do BNG
Xosé Ramón Gómez Besteiro. Secretario Xeral e portavoz parlamentar do PSdG.
Paulo Carril Vázquez. Secretario xeral da CIG
Amelia Pérez Álvarez. Secretaria xeral SN de CCOO de Galicia
Cristóbal Medeiros Fernández. Secretario xeral de UGT Galicia
Xurxo Álvarez. Presidente Federación Rural Galega
Isabel Vilalba. Secretaria xeral SLG
Roberto García Fernández. Secretario xeral de Unións Agrarias
Marcos Maceira Eiras. Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
Xosé Manuel Carril Vázquez. Presidente de Galiza Cultura
Anxo Louzao Rodríguez. Portavoz de Vía Galega
Henrique Monteagudo. Presidente da Real Academia Galega
Cesáreo Sánchez Iglesias. Presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Manuel Vázquez Cabo. Presidente da Rede Galega de Empresas
Mónica Fernández Valencia. Presidenta Coordinadora de Traballadores e Traballadoras pola Normalización da Lingua
Isabel Calvete. Presidenta da Confederación de ANPAS GALEGAS
Rogelio Carballo. Presidente de Confapa Galicia
Celia Armas. Directora empresas Abertos ao Galego
Elsa Quintas Alborés. Directora Observatorio Dereitos Lingüísticos
Arantza Vilar. Presidenta da Asociación de actores e actrices de Galicia.
Higinio Mougán. Director xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias
Roi Cuba Dorado. Presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
María Pérez González. Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao”
Bea Fariñas. Presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación
A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que tramita queixas cara ás institucións, empresas, etc, que vulneran os dereitos lingüísticos; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantía do dereito a vivir en galego. Este servizo conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

