As empresas de Abertos ao Galego diríxense novamente a todas a galegas e galegos que aman, usan e defenden a nosa lingua para que poidan coñecer mellor a oferta que hai no idioma de noso. Desde Abertos ao Galego preténdese garantir que aquelas persoas que desexan agasallar en galego poidan dispoñer dun amplo catálogo con produtos que van desde libros a pezas de vestir, pasando por bonos de masaxes ou produtos de alimentación e moitas máis.
Consulta o catálogo: Catálogo Abertos ao Galego 2017
Consumo responsábel co galego
Esta publicación ten na súa primeira páxina un decálogo con razóns para apoiarmos un consumo responsábel co galego, no cal se lembra que todas as decisións que tomamos como consumidoras e consumidores teñen implicacións e que as empresas que apostan polo galego fano dun xeito consciente, cunha aposta polo propio, pola calidade e pola proximidade. Así, asumir un consumo responsábel co galego é tamén apoiar empresas que asumen a súa responsabilidade social.