Este sábado 19 de outubro fanse catro anos da última entrevista na TVG a un representante da Mesa.
Son catro anos de censura, despois de lle saíren as contas furadas ao PP na agresiva entrevista de Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callón.
O 19 de outubro fanse 4 anos da última entrevista na TVG a un representante da Mesa pola Normalización Lingüística.
Tras a frustradísima encerrona do PP a Carlos Callón, nunha conversa de 14 minutos en que o presidente da Mesa foi interrompido máis de 40 veces polo presentador, nunca máis nestes anos se realizou unha entrevista a ningún dirixente da maior asociación cultural de Galiza.
Ao PP incomódalle A Mesa e o seu discurso claro, argumentado e honesto, por iso tomou a antidemocrática decisión de censurar deste xeito a intensa actividade deste colectivo cidadán.
Desde aquí podes ver esa entrevista de hai catro anos, pendurada en dúas partes no youtube:
Tamén podes vela en daylimotion, onde supera as 16.000 visitas:
E, por último, tamén está pendurada en vimeo: