Celebrouse en Lugo o acto de entega dos III Premios Abertos ao Galego

Resultou premiada a Cooperativa Erica Mel, e recibiu Radio Fene a mención especial do xuri.

O pasado 18 de decemebro celebrouse no Museo Provincial de Lugo o acto de entrega do III Premio Abertos ao Galego, que cada ano se concede a empresas que contribúen á normalización do galego da mellor maneira posíbel, utilizándoo en toda a súa actividade, interna e externa. O xuri que outorga os premios estivo composto por unha representación da Coordinadora de Traballadoras e Traballadores pola Normalización Lingüística, da Rede Galega de Empresas e de San Luís (empresa premiada na edición anterior).

Da Cooperativa Erica Mel,pioneira na etiquetaxe en galego, destacouse a aposta decidida polo galego e o compromiso demostrado ao se manter firme no seu uso, abrindo o camiño para que vinte anos despois sexa máis habitual atoparmos este tipo de produtos etiquetados na nosa lingua.

Destacouse tamén a importancia dos medios en galego cunha mención especial do xuri a Radio Fene, emisora municipal que fai 30 anos, e que foi no seu momento a primeira radio pública local que, con carácter estábel, empregou integramente a lingua galega nas súas emisións, que principiaron en setembro de 1984.

Os III Premios Abertos ao Galego foron entregados por Mario Outeiro, delegado de Cultura da Deputación de Lugo, e Marcos Maceira, presidente da Mesa. O acto foi presentado pola actriz Iria Sobrado e contou coa actuación musical de Caxade.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra