Co hashtag #EnGalegoOpino A Mesa anima a dirixirse a TripAdvisor para que permitan opinións en galego

“Lamentamos comunicarte que no podemos publicar tu opinión”. Así se dirixiu a coñecida web de viaxes Trip Advisor a unha usuaria que quixo publicar unha opinión en galego.

Segundo sinalan na comunicación enviada, isto débese a que entre as linguas que contemplan nas normas de publicación o galego é unha das excluídas.

A Mesa pola Normalización Lingüística animou hoxe a se dirixir á coñecida web de viaxe Trip Advisor para mostrar o noso rexeitamento como galegas e galegos ao desprezo que mostran ás opinións emitidas en galego, que fican automaticamente excluídas.

Porén Trip Advisor si contempla a posibilidade de publicar noutras linguas como alemán, árabe, checo, coreano, chinés, danés, español, eslovaco, finés, francés, grego, hebreo, húngaro, holandés, indonesio, inglés, italiano, xaponés, noruego, polaco, portugués, ruso, serbio, sueco, tailandés, turco e vietnamita.

https://www.facebook.com/TripAdvisor.es para facebook, ou @tripadvisores e @tripadvisor para o Twitter son algúns dos lugares onde A Mesa anima a facer constar o rexeitamento a esta exclusión do galego con hashtag #EnGalegoOpino

As opinións das galegas e e galegos son tan válidas como calisquera outras. Este atrevemento de Trip Advisor contra a lingua propia de Galiza, só se explica desde o decoñecemento ou desde o desprezo. Facerlle ver a Trip Advisor que o galego existe e que as galegas e galegos temos opinión e é tan merecente de respecto como as outras é un bo antídoto para evitar neutralizar as dúas posibilidades.

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra