A Mesa pola Normalización Lingüítcia colaborou coa Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) na elaboración dos seis primeiros Dicionarios Audiovisuais de Ida e Volta, que amosan os camiños que compartimos con Venezuela, México, Honduras, Guinea Ecuatorial, Senegal ou Romanía, a partir das historias de persoas que naceron neses países e que agora viven con nós, en Galiza e en galego. Aranxa, Brenda, Cristina, Mame, Marcelo e Marisol explícannos a súa cultura a través dunha expresión na súa lingua que consideran clave e, ao tempo, escollen unha expresión galega que lles parece útil para coñecer mellor a nosa sociedade.
Aproveitamos para falar dos seus países e, tamén, do proceso migratorio. O obxectivo é apreciar a diversidade e a diferenza, a solidariedade e a importancia da bidireccionalidade nas relacións Norte-Sur, reducindo os estigmas asociados á migración, sempre apoiados polo poder integrador das linguas. Estas pílulas de entre 3 e 4 minutos de duración están pensadas para ser empregadas en centros de ensino, tedes máis información na web do proxecto.