CONCENTRACIÓN / Concentración da Mesa contra a deturpación da Illa da Toxa

A Mesa pola Normalización Lingüística celebrou esta tarde no Grove unha concentración de repulsa pola deturpación do topónimo da Illa da Toxa, perante a celebración dun Foro que fai desta agresión á lingua galega o seu sinal de identidade.

O presidente da entidade en defensa da lingua galega, Marcos Maceira, recordou que “a mobilización, as miles de sinaturas recollidas a favor da toponimia e a denuncia da falta de cumprimento da legalidade toponímica conseguiron que xa case nengunha autoridade pública queira participar neste foro de insulto á tiponimia como pegada da lingua e cultura galego sobre o seu territorio”. Maceira lamentou, porén, que “o presidente da Xunta manteña a súa participación como principal autoridade nun acto cuxa carta de presentación é o ataque á toponimia galega e á lexislación que a oficializa”.

O presidente da Mesa calificou esta participación como “vergoñenta” e engadiu que “tamén é vergoñento que sexa o único presidente contrario á presenza da súa lingua no Congreso”. “Todo isto é indicativo”, asegurou, “do profundo desprezo que sente o señor Rueda polo galego, por Galiza e mesmo polo cargo que ocupa”.

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que tramita queixas cara ás institucións, empresas, etc, que vulneran os dereitos lingüísticos; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantía do dereito a vivir en galego. Este servizo conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra