Concerto Pondaliana en Santiago de Compostela

O concerto terá lugar a vindeira sexta feira (venres 29 de novembro) no Museo do Pobo Galego ás 20.00h.

Pondaliana é un libro disco que editan A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Contén quince poemas musicados dun dos grandes escritores da literatura galega, Eduardo Pondal. O cedé, ilustrado por Leandro Lamas, é froito da colaboración de máis dunha ducia de músicos coordinados polo profesor Francisco Rodríguez e pola Sociedade Cultural Medulio, impulsora do proxecto.

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra