Desde esta ligazón podes ver e comprar os materiais da plataforma unitaria Queremos Galego.
A plataforma Queremos Galego edita distintos materiais co único fin de se autofinanciar economicamente e de contribuír a espallar socialmente a súa mensaxe.
Todos os diñeiros recadados son integramente destinados a financiar actividades, iniciativas e novos materiais.
Queremos Galego mantense unicamente das achegas económicas das entidades que compoñen a plataforma e das doazóns voluntarias individuais ou dos ingresos por venda de material.
Por iso, se che for posíbel, divulga entre a túa xente coñecida a tenda virtual da plataforma Queremos Galego.