A Mesa pola Normalización Lingüística

Conferencia o 27 de abril en Ferrol do presidente da Mesa

Carlos Callón intervirá ás 18 h na Casa Solidaria de Ferrol, dentro dunhas xornadas organizadas por Galiza Nova.

Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, convidou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, para que fale sobre os consellos contidos no seu libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.

Esa conferencia será na sexta feira (venres) 27 de abril ás 18 h, dentro das I Xornadas Transformar Ferrolterra para Transformar Galiza, que se desenvovlerán na Casa Solidaria de Ferrol.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra