Conferencia: Presente e futuro do galego

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Marcos Maceira, estará na libraría Cartabón de Vigo (Rúa Urzáiz 125) para impartir unha conferencia sobre a situación da lingua galega. Será a quinta feira (xoves) 3 de maio ás 20:15h.

Desde a Mesa convidámoste a asistir a esta conferencia na que tamén haberá tempo para o debate sobre a situación presente e futura do galego.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra