Asina a petición contra a chantaxe lingüística: demisión dos responsábeis do Instituto de Desenvolvemento do Aforro de Enerxía dependente do Ministerio de Industria.

Contra a chantaxe lingüística. Demisión dos responsábeis do Instituto de Desenvolvemento do Aforro de Enerxía dependente do Ministerio de Industria.

O IDAE négalle unha axuda pública aos concellos de Santiago, Teo e Santa Comba por utilizaren o galego

O Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético, (IDAE) , dependente do Ministerio de Industria negou unha axuda aos concellos de Teo, Santa Comba e Santiago por presentar en galego un dos informes requiridos na solicitude.

Permítense os responsábeis deste organismo público cualificar como acto de resistencia que funcionarios da administración pública municipal utilicen o galego para redixiren documentos, para xustificar a chantaxe de condicionar unha axuda pública á non utilización dunha lingua que segundo o propio Estatuto no seu artigo 5: é propia de Galiza; todos e todas teñen o dereito de a coñecer e a usar; os poderes públicos de Galiza garantirán o seu uso normal e oficial e potenciarán o seu emprego do galego en todos os planos da vida pública e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento; e ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Lembramos que a chantaxe é unha forma de corrupción que ademais se agrava ao utilizar recursos públicos coa finalidade de facer valer posicións ideolóxicas dun racismo lingüístico e de odio á diversidade lingüística intolerábel en calquera marco democrático, máxime cando se trata de institucións públicas.

O racismo lingüístico ten consecuencias graves, neste caso a perda de millóns de euros públicos para a cidadanía de Santiago, Teo e Santa Comba, ao lle ser negada tanto a subvención como a posibilidade de aforrar en enerxía e destinar eses recursos ao seu desenvolvemento.

Situacións similares acontecen todos os días con cidadáns e cidadás anónimas vítimas de diferentes administracións, nomeadamente a estatal, que utilizan a súa posición de superioridade para negar a posibilidade de utilizar o galego de forma oral e/ou escrita.

Esta actitude xeneralizada vulnera o contemplado na Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas, tratado internacional ratificado polo Estado español en 2001, que no seu artigo 10 sinala que as autoridades públicas deben de : “a) garantir que as autoridades administrativas empreguen as linguas minorizadas e c) permitir ás autoridades administrativas redactar documentos nunha lingua minorizada”.

Estas actitudes non poden ser amparadas. Os responsábeis do IDAE deben demitir ou seren cesados porque non se pode consentir o manexo de diñeiro público por  fanáticos contrarios á existencia da lingua e que utilizan organismos públicos para satisfacer as súas fobias contra linguas como a galega.

237 apoios para esta campaña.

  1. Jorge Otero Canabal · 1058
    Hai 6 anos · A Coruña
  2. Carmen Iglesias Villamor · 1057
    Hai 6 anos · Desempregada · A Coruña
  3. Xosé Manuel Portela Fernández · 1056
    Hai 6 anos · Funcionario · A Coruña
  4. C. D. Romay · 1055
    Hai 6 anos · Autónomo · Corunha
  5. Pilar Alcántara Colomer · 1054
    Hai 6 anos · Educadora Social · Santiago de Compostela
  6. Serxio Gómez Vázquez · 1053
    Hai 6 anos · Psicólogo · Oroso
  7. Anselmo López Carreira · 1052
    Hai 6 anos · profesor · Cangas
  8. Xabier Paz Regueira · 1049
    Hai 6 anos · Xubilado · Corcubión
  9. JUAN MANUEL NEIRA FERNÁNDEZ · 1048
    Hai 6 anos · SADA
  10. David Gómez Sánchez · 1047
    Hai 6 anos · Médico · Ourense
  11. Xosé Moa Cerdeia · 1046
    Hai 6 anos · pensionista · vigo
  12. Xosé Bieito Novo Díaz · 1045
    Hai 6 anos · Lugo

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra