Asina a petición contra a chantaxe lingüística: demisión dos responsábeis do Instituto de Desenvolvemento do Aforro de Enerxía dependente do Ministerio de Industria.

Contra a chantaxe lingüística. Demisión dos responsábeis do Instituto de Desenvolvemento do Aforro de Enerxía dependente do Ministerio de Industria.

O IDAE négalle unha axuda pública aos concellos de Santiago, Teo e Santa Comba por utilizaren o galego

O Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético, (IDAE) , dependente do Ministerio de Industria negou unha axuda aos concellos de Teo, Santa Comba e Santiago por presentar en galego un dos informes requiridos na solicitude.

Permítense os responsábeis deste organismo público cualificar como acto de resistencia que funcionarios da administración pública municipal utilicen o galego para redixiren documentos, para xustificar a chantaxe de condicionar unha axuda pública á non utilización dunha lingua que segundo o propio Estatuto no seu artigo 5: é propia de Galiza; todos e todas teñen o dereito de a coñecer e a usar; os poderes públicos de Galiza garantirán o seu uso normal e oficial e potenciarán o seu emprego do galego en todos os planos da vida pública e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento; e ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Lembramos que a chantaxe é unha forma de corrupción que ademais se agrava ao utilizar recursos públicos coa finalidade de facer valer posicións ideolóxicas dun racismo lingüístico e de odio á diversidade lingüística intolerábel en calquera marco democrático, máxime cando se trata de institucións públicas.

O racismo lingüístico ten consecuencias graves, neste caso a perda de millóns de euros públicos para a cidadanía de Santiago, Teo e Santa Comba, ao lle ser negada tanto a subvención como a posibilidade de aforrar en enerxía e destinar eses recursos ao seu desenvolvemento.

Situacións similares acontecen todos os días con cidadáns e cidadás anónimas vítimas de diferentes administracións, nomeadamente a estatal, que utilizan a súa posición de superioridade para negar a posibilidade de utilizar o galego de forma oral e/ou escrita.

Esta actitude xeneralizada vulnera o contemplado na Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minorizadas, tratado internacional ratificado polo Estado español en 2001, que no seu artigo 10 sinala que as autoridades públicas deben de : “a) garantir que as autoridades administrativas empreguen as linguas minorizadas e c) permitir ás autoridades administrativas redactar documentos nunha lingua minorizada”.

Estas actitudes non poden ser amparadas. Os responsábeis do IDAE deben demitir ou seren cesados porque non se pode consentir o manexo de diñeiro público por  fanáticos contrarios á existencia da lingua e que utilizan organismos públicos para satisfacer as súas fobias contra linguas como a galega.

237 apoios para esta campaña.

  1. Raquel Pérez Gago · 1044
    Hai 9 anos · Mestra · Arbo
  2. Gloria Rouco Llanderrozas · 1043
    Hai 9 anos · Admon pûblica · Viveiro
  3. Henrique García Vázquez · 1042
    Hai 9 anos · Mestre · A coruña
  4. Miguel Grandío López · 1041
    Hai 9 anos · Audiovisual · Lugo
  5. Manuel Pita Trasancos · 1040
    Hai 9 anos · Informático · A Coruña
  6. Miguel Roig Terán · 1039
    Hai 9 anos · Vigo
  7. Marisa Alonso González · 1038
    Hai 9 anos · Psx · Mos
  8. INMA RODRÍGUEZ MACEIRA · 1037
    Hai 9 anos · Mestra · SANTIAGO DE COMPOSTELA
  9. Sandra Regueiro · 1036
    Hai 9 anos · Lugo
  10. Paloma Losada Romero · 1035
    Hai 9 anos · Profesora · Ourense
  11. Mariano Facal Abeledo · 1034
    Hai 9 anos · Pensionista · Dozon-Pontevedra
  12. María Isabel Serrapio Amil · 1033
    Hai 9 anos · Desempregada · Vigo
  13. Carmen Peña Hernández · 1032
    Hai 9 anos · Pontevedra
  14. Eu galego · 1031
    Hai 9 anos · Bueu
  15. Paula Noya López · 1030
    Hai 9 anos

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra