Vía Galega e Galiza Cultura teñen o pracer de convidarvos á inauguración da exposición ROSALÍA : proclamar ao mundo que Galiza existe, que terá lugar no Museo do Pobo Galego, o mércores, día 25 de setembro, ás 19h.
Esta exposición, con textos de Francisco Rodríguez, conxuga tres aspectos determinantes para coñecer e valorar a figura e a obra de Rosalía de Castro: a súa biografía, o contexto histórico e socio-cultural en que se desenvolve e a orientación, o sentido e a vixencia da súa obra.