A asemblea xeral de socias e socios da Mesa pola Normalización Lingüística terá lugar o sábado 23 de febreiro ás 10:30 h en primeira convocatoria, 11:00 h en segunda, na Nave de Vidán, Av. da Mestra Victoria Míguez 44, Santiago de Compostela coa seguinte orde de traballos:
- Debate e aprobación do regulamento da asemblea xeral.
- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
- Admisión e ratificación de altas e baixas.
- Exposición e aprobación do informe de xestión.
- Exame e aprobación do informe económico do exercicio pasado.
- Exposición e aprobación da liña de actividades para o próximo ano.
- Debate e aprobación do orzamento para o próximo exercicio.
- Rogos e preguntas.
No caso de teres interese en recibir máis información sobre a proposta de regulamento, por favor solicítao por correo-e a amesa@amesa.gal e serache enviado por ese mesmo procedemento.