Prezada socia, prezado socio:
Por medio da presente, ficas convocada/o á asemblea xeral de socias e socios que terá lugar o sábado 14 de abril ás 10:30 h en primeira convocatoria, 11:00 h en segunda, no Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela coa seguinte
Orde de traballos:
- Debate e aprobación do regulamento da asemblea xeral.
- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
- Admisión e ratificación de altas e baixas.
- Exposición e aprobación do informe de xestión.
- Exame e aprobación do informe económico do exercicio pasado.
- Exposición e aprobación da liña de actividades para o próximo ano.
- Debate e aprobación do orzamento para o próximo exercicio.
- Rogos e preguntas.
No caso de teres interese en recibir máis información sobre a proposta de regulamento, por favor solicítao por correo-e a amesa@amesa.gal e serache enviado por ese mesmo procedemento.
Como vén sendo habitual organizaremos un xantar para aquelas socias e socios que o desexen. O día límite para se anotar será o 9 de abril.
Unha forte e animosa aperta,
Marcos Maceira Eiras
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2018