Terá lugar o 30 de abril en Monforte
Prezada compañeira,
Prezado compañeiro,
Convócase Asemblea Xeral de Socias e Socios que A Mesa pola Normalización Lingüística realizará o vindeiro 30 de abril en Monforte, no salón de actos do Centro Cívico (Paseo do Malecón s/n) ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11 horas en segunda convocatoria.
Como vén sendo habitual desde 2012 A Mesa vai realizar a súa Asemblea Xeral nun concello diferente de Galiza correspóndenlle a Monforte nesta ocasión.
A orde de traballos é a seguinte:
- Debate e aprobación do Regulamento da Asemblea Xeral Extraordinaria.
- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.
- Admisión e ratificación de altas e baixas.
- Exposición e aprobación do Informe de Xestión.
- Exame e votación do Informe Económico de 2015.
- Exposición, debate e aprobación, se proceder, da liña de actividades para o próximo ano.
- Debate e aprobación, se proceder, do orzamento para o próximo exercicio.
- Rogos e preguntas.
Se tes interese en recibir máis información sobre a proposta de regulamento, por favor solicítao por correo-e a amesa@amesa.gal e serache enviado por ese mesmo procedemento.
O grupo de traballo da Mesa de Monforte ten previsto a organización dun xantar con posterioridade á asemblea. Para participares só tes que enviar reserva ao enderezo amesa@amesa.gal
Se tiveres calquera dúbida ou quixeres formular calquera proposta para o seu debate na Asemblea, só tes que te dirixir ao enderezo amesa@amesa.gal, ou chamar ao local nacional: 981563885, a onde tamén te podes dirixir para actualizares os teus datos se for preciso.
Unha forte e animosa aperta
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016.
Asdo: Marcos Maceira Eiras
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística