A Mesa pola Normalización Lingüística

Convocatoria de Asemblea Xeral 2013

Será o 5 de outubro na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol.

Para aquelas socias e aqueles socios que quixeren, faremos un xantar nese mesmo día, cun custo máximo de vinte euros. É necesario apuntarse antes do día 2 de outubro no correo-e amesa@amesanl.org.

CARTA DE CONVOCATORIA

 

Prezada compañeira,

Prezado compañeiro,

 

Por medio da presente, ficas convocada/o á Asemblea Xeral de Socias e Socios que A Mesa pola Normalización Lingüística realizará o vindeiro 5 de outubro na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol (rúa Real, 29 [a carón da praza de España]), ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11 h en segunda convocatoria (prevese o comezo a esta segunda hora). A Mesa quere continuar co proceso para achegar cada ano a súa asemblea xeral a un concello diferente de Galiza, iniciado o ano pasado en Ourense.

 

A orde de traballos é a seguinte:

 

1.      Debate e aprobación do Regulamento da Asemblea Xeral.

2.      Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.

3.      Admisión e ratificación de altas e baixas.

4.      Exposición e aprobación do Informe de Xestión.

5.      Exame e aprobación do Informe Económico do exercicio pasado.

6.      Exposición e aprobación da liña de actividades para o próximo ano.

7.      Debate e aprobación do orzamento para o próximo exercicio.

8.      Rogos e preguntas.

 

Se tes interese en recibir máis información sobre a proposta de regulamento, por favor solicítao por correo-e a amesa@amesanl.org e serache enviado por ese mesmo procedemento.

 

Ademais, para aquelas socias e aqueles socios que quixeren, faremos un xantar nese mesmo día, cun custo máximo de vinte euros. É necesario apuntarse antes do día 2 de outubro no correo-e amesa@amesanl.org.

 

Unha forte e animosa aperta,

 

Carlos Manuel Callón Torres

Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

 

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2013

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra