CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA E DE AX ORDINARIA

Asemblea xeral extraordinaria

Informamos da convocatoria de Asemblea xeral extraordinaria da Mesa pola Normalización Lingüística para o sábado 24 de abril de 2021 ás 10h. Para garantir o desenvolvemento da asemblea dentro das normas sanitarias, a asemblea terá lugar telematicamente na ligazón enviado por mail ás socias e socios.

Orde de traballos:

Ponto único. Modificación do artigo 2 dos estatutos (1), após a execución do acordo de adquisición dun novo local conforme ao aprobado na asemblea xeral de 2020.

Asemblea xeral ordinaria

Así mesmo convócase para as 10.30 do sábado 24 de abril de 2021 a Asemblea xeral ordinaria

Orde de traballos:

1- Debate e aprobación do regulamento da asemblea xeral.

2- Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior.

3- Admisión e ratificación de altas e baixas.

4- Exposición e aprobación do informe de xestión.

5- Exame e aprobación do informe económico do exercicio pasado.

6- Exposición e aprobación da liña de actividades para o próximo ano.

7- Debate e aprobación do orzamento para o próximo exercicio.

8- Rogos e preguntas.

 

(1): De se aprobar a modificación estatutaria, o artigo 2 diría o seguinte (en negriña a proposta de modificación):

Art. 2.- A Mesa pola Normalización Lingüística fixa o seu domicilio social en Santiago de Compostela, na rúa García Prieto 7, entresollado, 15706, sen prexuízo de que a Comisión Permanente poida acordar, en calquera momento e por razón motivada, o traslado. A Comisión Permanente está facultada para acordar a abertura de locais, delegacións ou representacións, tanto dentro como fóra do país, que considerar convenientes.

 

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2021.

 

Asdo. Marcos Maceira Eiras, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra