Convocatoria de mobilización para mañá, día 14 de decembro

O Decreto de Plurilingüismo supón unha involución no marco xurídico e no uso do idioma. Porén, e diante dos incumprimentos reiterados da normativa e a “persecución” á que está sometida a nosa lingua por parte da consellaría, anunciamos a convocatoria de mobilizacións, nomeadamente dunha concentración para maña, día 14 de decembro, diante da propia consellaría de Educación ás 11h. Demandaremos a inmediata derrogación do Decreto de Plurilingüismo, “por supor unha involución no marco xurídico e no uso do idioma” e a elaboración dunha nova norma que camiñe  cara á plena normalización lingüística no ensino.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra