Correlingua 2015: galego, a nosa creación común

Deu comezo en Santiago o Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo.

correlingua205Perto de 40.000 alumnas e alumnos de toda Galiza participarán entre o 4 e o 15 de maio nunha actividade lúdica e reinvindicativa que este ano se celebra baixo o lema Galego, a nosa creación común, e que contará coa participación de Xurxo Souto e os grupos  Bocinazo, Monoulious Dop e Sacha na horta.

Nesta ligazón podes consultar o manifesto para esta edición elaborado polo alumnado de 4º da ESO do CPI de Pontecesures.

Aquí podes consultar o calendario do Correlingua 2015

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra