A Mesa pola Normalización organiza xunto á CIG-Ensino, e a AS-PG as II Xornadas de normalización lingüística para o debate e reflexión sobre a lingua no ensino.
Terán lugar o sábado 23 de xaneiro.
A matrícula é gratuíta, previa inscrición nas seguintes ligazóns:
https://www.cig-ensino.gal https://www.as-pg.gal
*Control de participación a efectos de recibir o certificado de asistencia homologado pola Consellería de Educación por 8 horas de formación permanente do profesorado:
* Haberá que aceptar as condicións de participación en canto á Lei de protección de datos.
* Será necesario que as persoas asistentes estean conectadas á sesión como mínimo un 85% da duración da
videoconferencia , que se fará a través da plataforma Webex.
* rematada a actividade, cada asistente deberá cumprimentar unha enquisa de valoración.
Sistema de acceso: as persoas admitidas recibirán un correo electrónico coa información precisa para acceder á videoconferencia.