Noticias

DEFENDAMOS A NOSA LINGUA ESTE 17 DE MAIO

O compromiso e a acción da sociedade demostran diariamente que a situación pode mudar. No último ano a mobilización conseguiu que unha importante multinacional do audiovisual anunciase a incorporación de versións á nosa lingua no seu catálogo. E é a mesma implicación cidadá a que está na orixe da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que obriga á Axencia tributaria a respectar os nosos dereitos linguísticos.

✍️ ASINA O MANIFESTO: En galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua.

Por esta razón volvémonos a manifestar este 17 de maio nas rúas de Compostela da man da plataforma cidadá de Queremos Galego. Precisamos de voluntarias e voluntarios para axudar a que este acto se desenvolva da mellor forma. Para anotarse o único que precisas é chmar ao 981563885 ou enviar un correo a amesa@amesa.gal.

🚌 Autobuses para a manifestación:

A Coruña: 981169810 
• Saída ás 10h do Campo da Leña, con paradas na Praza da Palloza e no Edifico Sindical

Ferrol: 630219861 | 981358750 
• Saída ás 9:30h diante do local da CIG, na avenida de Esteiro, con paradas en Caranza, Fene e Vilar do Colo.

Lugo: 982225812 | 982280410 
• Saída ás 10:00h de Ronda da Muralla, 58

Vigo: 986827900 
• Saída ás 10h, desde o local da CIG

Pontevedra: 986866205 
• Saída ás 10h desde Arcade
• Ás 10:30h de Pontevedra

Vilagarcía-Cambados: 986565059 | 986505323 
• Ás 10:30h en Cambados diante do Concello
• Ás 11h en Vilagarcia, Fexdega

Ourense (desde Monterrei): 988233134
• Ás 8h, Praza do Concello da Mezquita.
• Ás 8:30h en Verín.
• Ás 9h, en Xinzo.
• Ás 9:30h, en Ourense.
• Ás 10h, no Carballiño.

A Mariña: 982581861 | 605377317

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis