Noticias

DIRECTO | Coloquio: Carvalho, Lingua e Terra

O movemento asociativo leva reivindicando desde hai décadas unhas Letras Galegas a Carvalho Calero. Cando ao fin se concederon, unha pandemia fixo que nin no ensino nin nas asociacións puidéramos celebrar como quixéramos esta conmemoración. Aprazouse unha e outra vez agardando mellores circunstancias, mais non podían adiar por máis tempo a nosa homenaxe e difusión, tan necesaria, deste persoeiro a quen tanto debe a nosa lingua e cultura. Por iso, coincidindo coa data do seu pasamento, o día 25 de marzo, propomos unha xornada de recordo e espallamento da súa vida e obra (cancelo: #CarvalhoLinguaETerra).

Desde a Federación Galiza Cultura, en colaboración coas Deputacións da Coruña, de Lugo e de Pontevedra, convocan ás asociacións culturais e aos centros de ensino a xornada Carvalho, Lingua e Terra. Para iso, editaron unha banda deseñada sobre a súa vida, obra e pensamento da autoría de Pepe Carreiro.

Ademais, ese día, o xoves 25, ás 20:00 h. emitirase o vídeo sobre Ricardo Carvalho Calero coa Intervención de María Victoria Carballo-Calero Ramos e a conferencia de Manuel Castelao Mexuto e Mª Pilar García Negro, e posteriormente, ás 20:40 h. celebrase en liña un coloquio cos conferenciantes e representantes das asociacións culturais.

Emitirase esta actividade pola canle de Youtube de Galiza Cultura.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis