Noticias Noticias da Mesa

Documental Tosta con subtítulos en galego e Unha guía imperfecta presentáronse no Día Europeo das Linguas

A Mesa pola Normalización Lingüística quixo conmemorar o Día Europeo das Linguas, 20 de setembro, facendo a presentación pública dun documental sobre o proxecto Tosta de cooperación entre comunidades de linguas minorizadas con subtítulos en galego. O acto que acolleu esta celebración foi o Teatro Colón da Coruña.

O documental narra a experiencia de 7 encontros pola diversidade que xuntou artistas doutras tantas nacións e culturas da costa atlántica europea. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira e a delegada na Coruña Celia Armas, xunto coa vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, presentaron a iniciativa.

A Mesa pola Normalización Lingüística é a representación galega no proxecto Tosta, promovido dentro da programación de Donostia 2016, Capital Europea da Cultura. Alén do documental, tamén se fixo entrega e presentación do libro Unha guía imperfecta que ofrece unha proposta práctica para axentes culturais que traballan en proxectos internacionais e queren promover prácticas de xestión respectuosas coas linguas minorizadas.

Tosta reivindica a diversidade lingüística desde o punto de vista das linguas minorizadas, concretamente do galego, o vasco, o galés, o frisio, irlandés, gaélico escocés e córnico. A participación galega neste proxecto correu a cargo da Mesa.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis