Trátrase de Queremos Apple en Galego e Depor en Galego. Como sempre todos os avances a favor da nosa lingua seguen a ser froito do impulso da sociedade. Desde A Mesa apoiamos estas iniciativas e animamos a participar nelas.
O día 7 de decembro de 2014 comezou a andar formalmente Queremos Apple Galego! Unha iniciativa que nace coa intención de lograr o éxito de conseguir a tradución de todos os sistemas operativos dos dispositivos de Apple #OS e #iOS.
Este é o seu manifesto:
O galego é a lingua dunhas 3.185.000 persoas segundo o Ethnologue, extendéndose pola totalidade do territorio da comunidade autónoma galega (onde é oficial), áreas de Asturias, O Bierzo, Zamora e Extremadura. Ademais é tamén falado pola ampla diáspora galega que se extende por todo o mundo.
Malia a súa complicada situación sociolingüística, o galego é unha lingua especialmente viva no campo das novas tecnoloxías, non só pola súa importante presenza como lingua de uso nas redes sociais (20ª lingua de uso en Twitter no ano 2009, moi por enriba do seu peso poboacional e amosando un amplo grao de adopción temperá), senón tamén pola existencia de potentes grupos de tradutores de software (especialmente software libre) e de moi activos desenvolvedores de aplicacións do máis diversas.
A pesar da importancia da nosa lingua, Apple aínda non inclúe a opción de idioma de galego.
Entendemos que unha comunidade lingüística da importancia da galega, cun número importante de usuarios, sobre todo no ensino, merece que a súa lingua conte xa como opción nos sistemas operativos de Apple.
É por iso que solicitamos a Apple que inclúa o galego como opción de idioma nos seus sistemas operativos, tanto no OS como no iOS.
A Iniciativa Dépor en galego nace coa idea de ser un punto de encontro de todas as siareiras e siareiros deportivistas, que queren mudar o nome do escudo da cidade a que representa ó Deportivo.