Elsa Quintas participa nunha conferencia de alto nivel sobre linguas minorizadas 

Será este sábado 15 de xuño, en Barcelona, nunha conferencia internacional de alto nivel na que se debaterán novas estratexias para avanzar na protección da educación en linguas minorizadas e no fortalecemento dos dereitos lingüísticos.

A vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, Elsa Quintas, participa como relatora este sábado 15 de xuño, en Barcelona, nunha conferencia internacional de alto nivel na que se debaterán novas estratexias para avanzar na protección da educación en linguas minorizadas e no fortalecemento dos dereitos lingüísticos.

A conferencia, organizada pola Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) en colaboración con CATESCO e Omnium Cultural, chama a atención sobre os dereitos das persoas falantes de linguas minorizadas. En particular, altos representantes do Consello de Europa, da ONU e da Unesco traballarán, xunto con Quintas e coa deputada do BNG Iria Taibo, así como con membros de entidades en defensa das linguas de Cataluña, arredor do papel que ten a educación e, en particular, os programas de inmersión lingüística, no restablecemento dun uso normal destas linguas na sociedade. Tamén se examinará que accións pode desenvolver a sociedade para protexer as linguas minorizadas a medio ou longo prazo.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra