A directora do proxecto, Celia Armas, animou a compartir esforzos e recursos
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2018.- O presidente da Mesa, Marcos Maceira, e Celia Armas, responsábel do proxecto Abertos ao galego reuníronse hoxe con algunhas das empresas que integran Abertos ao galego, agrupación de empresas, comercios, asociación e entidades de toda índole que deciden adoptar e desenvolver compromisos para a normalización do galego no eido económico.
A responsábel do proxecto, Celia Armas, comunicoulles aos asistentes as mudanzas que se levarán a cabo nos vindeiros meses que, entre outros obxectivos, incidirán na visibilización e promoción do crecente compromiso empresarial co idioma que incluirán un foro permanente de empresas para asesorar, ofrecer recursos e acción para a galeguización do sector.
Armas recalcou a importancia da unidade en proxectos deste tipo “é fundamental realizarmos as accións de maneira coxunta, xa que xuntos somos máis visíbeis”.