A Mesa parabeniza o Pleno Municipal do concello de Carballo, que, en sesión ordinaria celebrada o 30 de setembro de 2013, aprobou inicialmente a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no concello de Carballo.
A lingua é unha ferramenta comunicativa pola cal unha comunidade se pode relacionar entre si, pero ademais a lingua é a creación colectiva máis importante e a manifestación de identidade máis relevante dun pobo, pois na súa formación colaboran todas as persoas dese pobo ao longo de toda a súa historia. O galego, lingua propia de Galicia, é, polo tanto, o máximo expoñente e valor como comunidade e é a nosa ferramenta comunicativa máis próxima e eficaz.