Encontro da Mesa con Elisa Loncón, presidenta da Convención constuínte de Chile

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística mantivo un encontro con Elisa Loncón, activista mapuche, loitadora polos dereitos lingüísticos e presindenta da Convención constituínte de Chile, para falar e compartir experiencias sobre o galego e o mapudungún nos diferentes territorios.

A presidenta Loncón compartiu connosco os avances que se fixo en materia lingüística na propia asemblea e as accións que se tomaron dende a súa chegada respecto das linguas e os pobos indínexas de Chile. Pola súa banda, Maceira presentoulle a exitosa campaña da Iniciativa Xabarín para lograr unha canle infantil e os avances que se están a dar neste sentido no sector para modificar a nova Lei do Audiovisual que se está a redactar no Congreso.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra