Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística mantivo un encontro con Elisa Loncón, activista mapuche, loitadora polos dereitos lingüísticos e presindenta da Convención constituínte de Chile, para falar e compartir experiencias sobre o galego e o mapudungún nos diferentes territorios.
A presidenta Loncón compartiu connosco os avances que se fixo en materia lingüística na propia asemblea e as accións que se tomaron dende a súa chegada respecto das linguas e os pobos indínexas de Chile. Pola súa banda, Maceira presentoulle a exitosa campaña da Iniciativa Xabarín para lograr unha canle infantil e os avances que se están a dar neste sentido no sector para modificar a nova Lei do Audiovisual que se está a redactar no Congreso.