Endesa: case 3 millóns de kW producidos en Galiza non valen nin unha palabra en galego

A Mesa comeza unha campaña nas redes sociais para que a empresa enerxética teña o galego como opción na atención telefónica, na web e na documentación

Anima a se dirixir a @EndesaClientes utilizando as estiquetas #QueremosAtenciónEnGalego e #OGalegoÉEnerxía

A empresa enerxética Endesa extrae de Galiza a través de centrais térmicas, encoros, minicentrais e parques eólicos, 3 millóns de kW encanto non é capaz de utilizar  a lingua galega, e gabouse de non o facer nas redes sociais en resposta a unha queixa da Unión de Consumidores de Galiza.

endesa

Mentres nos centros de teleatención galegos, entre os anos 2010 e 2012, tal e como xa denunciaron A Mesa e a CIG do sector, perdéronse 2040 postos de traballo que se terían mantido en Galiza se os servizos de atención á clientela tivesen o galego como opción para as e os usuarios.

centroschamadaemprego

O caso de Endesa non é único e vai na liña das empresas públicas e privadas que malia ofertaren servizos en Galiza néganse sistematicamente a daren a opción de galego nas súas facturas, documentos, información escrita ou telefónica.

Nos próximos días seguiremos informando doutras iniciativas para conseguirmos que Endesa e outras compañías respecten os dereitos das persoas que queremos vivir en galego.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra