A Mesa pola Normalización Lingüística

Entrega do Premio “Facer País”

Este sábado 26 de outubro A Mesa recibe o XII Premio “Facer País”

Reproducimos a continuación o Programa de actos que nos achegan desde a Asociación Cultural Val de Láncara

XII Edición

Entrega do premio “Facer País”

Data: 26/10/2013

11.00 h. Casa do Concello (Póboa de S. Xiao) – Láncara

– Recibimento da Mesa pola Normalización Lingüística, polo Alcalde e Corporación e mais a Asociación Cultural “Val de Láncara”. Firma no Libro de honra.

11.30 h. Láncara

-Visita á casa paterna de Fidel Castro e de Raúl Castro.

-Almorzo na casa de Láncara

12.45 h. Carracedo

-Recibimento na Ponte Romana. Benvida á Mesa pola Normalización Lingüística a cargo da Asociación Cultural “Val de Láncara” e mais do Alcalde de Láncara.

13.45 h. Comezo dos actos de entrega do XII Premio “Facer País”.

Presentación do acto a cargo de Isabel Risco (actriz).

Intervencións:

-Lectura da acta e motvos polos que se concede o pemio a cargo da Asociación C. “Val de Láncara”.

-Louvanzas á Mesa pola Normalización Lingüística, polo Profesor de Ciencias Políticas na USC e analista político, Antón Losada.

-Entrega do Premio a cargo de Agustín Fernández Paz.

-Intervención de Carlos Callón, representante da Mesa pola Normalización Lingüística.

14.30 h. Xantar de Honra, no que poderán participar todos os que o desexen, previa retirada da invitación.

Intervencións musicais e demais persoeiros relacionados co mundo da cultura, para celebrar o XII Premio “Facer País”.

Para calquera dúbida, dirixirse á Asociación Cultural “Val de Láncara”, Tel. 982167454 – 627537176 (Carlos S. López Sierra).

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra