Entregadas preto de 25.000 sinaturas da ILP “Liberemos a Galega” para democratiar a CRTVG

Santago de Compostela 24 de abril de 2025 – Esta mañá, as organizacións promotoras da Iniciatia Lexislatia Popular (ILP) “Liberemos a Galega” entregaron oficialmente 23.854 sinaturas no rexistro do Parlamento de Galiza, case triplicando as
10.000 necesarias, recollidas en pouco máis de seis meses.
Este apoio masivo da cidadanía permitirá debater, nas vindeiras semanas, unha proposta lexislatia para transformar a Compañía de Radio Teleiisión de Galiza (CRTVG), como explicou Tereixa Navaza, que actuou como portavoz, “nun serivizo
público verdadeiramente democrático, plural e ao servizo do pobo, liberándoa do “secuestro” que, segundo as promotoras, exerce o Goberno galego do Partido Popular”.

Unha CRTVG secuestrada polo poder polítco
As preto de 40 organizacións impulsoras denuncian que a actual dirección da CRTVG actúa ao servizo dos intereses do PP, antepoñendo os obxectivos políticos da forza gobernante aos ialores étcos e democrátcos que deben guiar un medio público.
Esta situación compromete, segundo Navaza, “a independencia, a veracidade e o pluralismo informativo, perpetuando a manipulación, a cancelación de contidos e profesionais, e a desconexión coa realidade social, cultural e económica de Galiza”.

Obxectivos da ILP Liberemos a Galega A proposta lexislativa busca democratizar a CRTVG para que cumpra as súas misións como servizo público esencial, entre elas: difundir a cultura e a lingua galega, garantir a independencia e veracidade da información, promover o pluralismo, a cohesión social e territorial, os dereitos fundamentais, as liberdades públicas e a calidade democrática.
En concreto, as organizacións defensoras da ILP apostan por unha radiotelevisión
pública que:

Garanta obxectividade, imparcialidade, neutralidade, ieracidade e pluralismo, erradicando manipulacións e exclusións
Reficta a realidade social, laboral, económica e cultural de Galiza, asegurando o dereito de acceso de todos os grupos sociais con criterios obxectios e máximo respecto á diversidade
Recupere a cobertura territorial e as desconexións locais para informar sobre a realidade de cada contorna
Promova a identdade galega, a lingua e a cultura, apoiando a produción editorial, teatral, musical e audiovisual do país
Fomente a igualdade, a non discriminación, a diversidade sexual e a perspectiva de xénero, utilizando unha linguaxe non sexista
Priorice a programación infantil e xuvenil, fortalecendo a lingua e a cultura galega e o papel educatio e socializador da CRTVG
Dispoña de recursos humanos, orzamentarios e materiais suficientes para operar con autonomía
Impulse a produción audiovisual independente con transparencia, evitando a concentración en poucos provedores

Un chamamento ao debate parlamentario
En nome das organizacións promotoras, a portavoz agradeceu o compromiso das case 25.000 persoas asinantes e celebran a toma de conciencia cidadá que fixo posible esta ILP. Agora, defenderán a proposta no Parlamento de Galiza, onde se decidirá o modelo de medios públicos que o país necesita. A ILP “Liberemos a Galega” aposta por unha CRTVG ao servizo do pobo, garantindo un servizo público de calidade, plural e comprometido coas necesidades democráticas, sociais e culturais de Galiza.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra