Hoxe ás 18 h.
A emisora municipal de Allariz entrevistará esta tarde en directo ao presidente da Mesa, Carlos Callón.
Na conversa falarase sobre a situación actual do galego, a convocatoria da manifestación de Queremos Galego para o 17 de maio, o libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (que se presentará en Allariz dentro dalgunhas semanas) e doutros temas de actualidade sobre normalización lingüística.