A Mesa pola Normalización Lingüística súmase ao loito polo falecemento do actor e dramaturgo Ernesto Chao Pino.
Ernesto foi un actor cunha experiencia profesional sobranceira sobre todo no mundo teatral. Ademais durante os anos 1986 e 1987 dirixiu o Centro Dramático Galego.
O compromiso de Ernesto coa cultura e coa lingua galega levouno a colaborar activamente coa plataforma Queremos Galego durante anos realizando diversos actos e apoiando as reivindicacións da plataforma en defensa do galego.
Desde a Mesa queremos recoñecer o traballo que Ernesto desenvolveu durante décadas, para dignificar o teatro e o cinema galegos e con el, axudar a normalizar o uso do idioma propio de Galiza.